Comeza a andaina

Pestanas principais

Aquí comeza un novo proxecto para Mondonhedo, un proxecto que quer achegar unha ferramenta nova centrada na idea de ser útil para Mondonhedo, para as súas xentes principalmente. Contodo, queremos que DeMondonhedo.eu sexa unha porta de orgullo para todos e todas as mindonienses, que sexa unha ferramenta construida coa axuda de todos nós, cumprindo unha función de utilidade para o pobo e na que todos podamos participaro. Cando pergunten por Mondonhedo, responde "De Mondonhedo, Eu!".

 

Cando pergunten por Mondonhedo, responde "De Mondonhedo, Eu!".

 

DeMondonhedo.eu chega para solucionar calquera dúbida sobre onde mercar, que facer, onde atopar,..., é unha combinación de simplicidade e funcionalidade. Cada pergunta ten súa resposta.

A primeira funcionalidade na que andamos a traballar é un sistema de procura de todo o que precise un mindoniense encontrar en Mondonhedo. Sen dúvida, é unha función que requere moito traballo para que calquera persoa poda chegar e con unha simples búsqueda atope o que quere comprar, conseguir, ler, ... DeMondonhedo.eu quer ser unha porta para o comercio, a hostelaría, para as asociacións de Mondonhedo, para os servizos públicos. Por exemplo, queremos conseguir unha seña wifi dun estabelecemento da vila, procuramos na caixa de búsqueda pola palabra "wifi" e DeMondonhedo.eu responde cos datos dos pontos de acceso wifi de Mondonhedo que temos na nosa base de datos. Todo o bo resultado disto, depende dun traballo previo que pouco a pouco irá facendo moito máis efectivas as procuras. Todo este proceso, está aberto á colaboración dos mindonienses e como non, dos comerciantes.

Alén disto, facilitaremos un lugar onde atopar todos os Eventos DeMondonhedo, desde eventos culturais, mercados, encontros, plenos... Queremos fornecer dun punto central onde atopar toda a vida cultural e social DeMondonhedo, facendo posíbel unha mellor posta en valor do traballo das asociacións e organizacións, ás que daremos cabida neste novo portal.

Tamén habilitamos unha rede de Blogues, permitindo dar voz a todas aquelas organizacións e persoas que desexen dispor dunha web. A Rede de Blogues é un punto de encontro onde coordenar e  colaborar para contribuir a mellorar a vida de mindonienses e para facer DeMondonhedo, un lugar para sentir orgullo. Esta filosofia de coordenación e colaboración é o eixo fundamental deste proxecto que xa é real, DeMondonhedo.eu

Galego